Cubo
O cubo foi a nosa primeira figura. Utilizámola principalmente para prototipar e para poder probar a nosa tecnoloxía. O cubo debuxámolo dúas veces: a primeira vez en Geogebra e máis tarde fixémola en svg. Outro motivo polo que escollemos esta figura é porque é un poliedro regular con só 8 vértices, polo que foi moi sinxelo para facer as primeiras probas.

Illa de San Martiño ou Illa Sur das Cíes
Esta illa é a figura principal deste proxecto interdisciplinar. Foi construída empregando un mapa de alturas obtido na páxina web Terrain.party. Con este mapa modelamos a illa en Blender. Obtivemos as coordenadas (x,y,z) de todos os puntos nunha táboa en Excel para ordealos e escalalos. Estes datos agrupados en matrices por filas e columnas os transformamos co noso visor empregando dúas funcións, unha de rotación e outra de proxección cónica. Logo os graficamos en svg.

Escaleira de caracol
Este modelo foi construído logo dunha serie de figuras de proba, estas déronnos a experiencia e confianza necesaria para adentrarnos nunha figura un tanto máis complexa. Tiñamos experiencia previa nesta figura xa que realizaramos un anaglifo da escaleira, o cal fixo que só tivesemos que recoller os cálculos matemáticos utilizados e reescribilos en JavaScript. Para esto utilizamos un módulo parametrizado dentro dunha iteración, o cal nos permite crear un número de pasos a partir das coordenadas do primeiro,un ángulo de xiro e unha altura.

Molécula de etilenglicol
Esta figura foi a primeira proba para representar modelos de moleculas. Unha característica deste tipo de figuras é que hai que representar enlaces e átomos, polo que foi necesario engadir uns nodos con diferentes características físicas de cor e tamaño. Nesta fase do traballo foi esencial a colaboración do Departamento de Química.

Molécula de colesterol
Para construír este modelo obtivemos as coordenadas das posicións dos diferentes átomos e a relación dos seus enlaces da ṕaxina PubChem.

Dodecaedro
Unha vez que o visor estaba prácticamente desenvolvido e o procedemento de construcción de figuras optimizado tratamos de construír figuras máis complexas que as iniciais. Este dodecaedro é parte dunha colección que recompile os cinco poliedros regulares. Nesta ocasión a figura foi construída a partir de un traballo previamente realizado con OpenSCAD por alumnado de cursos anteriores, polo que reaproveitamos o cálculo de coordenadas necesarios para esta figura.