Ana María González Noya

Coñece a Ana María González Noya, profesora e investigadora no departamento de Química Inorgánica na USC, por visibilizar referentes femininos nos que podan inspirarse as nenas de hoxe na "Guía dos elementos químicos". Primeiros anos e formación Naceu en 1971.
Ten unha filla e contou co apoio da súa familia para compaxinar a vida familiar coa profesional.
Licenciada en CC Químicas na Universidade de Santiago (USC), especializouse en Química Inorgánica.
Cursou o doutoramento no departamento de Química Inorgánica no que desenvolveu a súa traxectoria profesional.
Vida profesional Exerce como investigadora e profesora titular no departamento de Química Inorgánica da USC. Pertence ao grupo SUPRABIOIN Lab do departamento de Química Inorgánica da USC. Logros e proxectos Participa no proxecto CienciaNOSA, grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica, que presenta como liñas de traballo a didáctica da Química, a historia da ciencia e conservación do patrimonio científico, xénero e ciencia. Foi recoñecida na Axenda Feminista 2016, creada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade como unha das doce científicas galegas que contribúen a mellorar a nosa vida coas súas aportacións á ciencia e investigación. Publicou dous libros "El nombre y el símbolo de los elementos químicos", "Manual de Laboratorio de Química Xeral e Agrícola" e traduciu ao galego a "Guía Breve de Nomenclatura en Química Inorgánica". Bibliografía
  • "Ana María Gonzalez Noya". SCQInfo2017.YouTube. 20/04/17.
  • Entrevista a Ana María. C.E.I.P. San Paio de Abaixo.YouTube. 28/02/19
  • "Unha guía dos elementos en galego para o Ano da Táboa Periódica". GCiencia. 21/01/19.
  • Ana María González Noya. USC curso 2019/2020.
  • Enlaces externos
  • CienciaNOSA.
  • SUPRABIOIN Lab.
  • Guía Breve para a nomenclatura de Química Inorgánica en galego.
  • "O Observatorio da Mariña pola Igualdade adica a Axenda Feminista 2016 ás científicas galegas". Nós. 16/12/2015.
  • "La USC publica una guía de 118 capítulos sobre los elementos químicos". La Voz de Galicia. 02/11/2018.
  • "Presentación da táboa periódica en galego e do libro Guía dos elementos químicos". Consello da Cultura Galega. 20/03/19.
  • Palabras clave: táboa períodica, Química Inorgánica, científicas, muller STEAM, Wisibilízalas