Carmen Misa Moreira

Coñece a Carmen Misa Moreira unha xoven enxeñeira "apaixoada polo mundo exterior e a Tecnoloxía". Primeiros anos e formación Naceu en Vigo en 1996. Estudou en Vigo no colexio Don Bosco, Educación Infantil, Primaria e a ESO. Optou polo Bacharelato Tecnolóxico, con Física e Debuxo técnico, no colexio María Auxiliadora.
Estudou Enxeñería en Tecnoloxía de Telecomunicacións e Sistemas Electrónicos e actualmente cursa un Máster en Enxeñería de Telecomunicacións na especialidade de Electrónica, na Universidade de Vigo.
É cinturón negro de judo, foi campiona galega e subcampiona internacional neste deporte. Ademáis de destacar nos estudos e judo, toca a guitarra.
Vida profesional Desenvolveu a súa vida profesional no Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia (CINAE), nos proxectos LUME-I, un nanosatélite deseñado para a detección e monitorización de incendios forestais.
En Alen Space exerceu como persoal técnico de deseño, validación e integración de nanosatélites (AIV) e actualmente traballa como enxeñeira do sistema espacial no desenvolvemento de novas plataformas satélites. Combina o traballo cos estudos do Máster en Enxeñaría Telecomunicacións no Centro Aerospace Alemán (DLR) sobre comunicacións espaciais ópticas, nun proxecto para desenvolver un sistema óptico de comunicacións coa Estación Espacial Internacional.
Logros e proxectos FireBack: Carmen Misa formou parte de este proxecto de prevención, detección e motorización de incendios forestais. Con este proxecto gañaron o premio Think Big de Telefónica en HackForGood no 2018, que concedeu a posibilidade de dar unha charla na T3chFest, evento tecnolóxico organizado pola Universidade Carlos III de Madrid como exemplo dun sistema tecnolóxico emerxente.
GLUCOPTICO: un proxecto do Traballo de Fin de Grao (TFG) en Tecnoloxías de Telecomunicación que permite medir o nivel de glucosa na sangre.
PSA CITROËN: un proxecto relacionado con autómatas programables.
ESA ACADEMY: participou no curso de formación de enxeñería de sistemas espaciais.
Entrevista -Onde e como foi a túa formación anterior á universidade? -A miña formación académica sempre estivo en Vigo, na escola Don Bosco (Educación Infantil, Primaria e ESO) e en María Auxiliadora (Bacharelato). No instituto obtei polo que era máis adecuado para min, así que fixen o Bacharelato Tecnolóxico con Debuxo Técnico e Física. Ademáis dos meus estudos, tamén tiven certa importancia no mundo do deporte. Son cinto negro de judo, campiona galega e subcampiona internacional de judo, tamén toco a guitarra. -Cando sentíches interese pola ciencia e tecnoloxía? - Desde a infancia son unha apaixoada do mundo do espazo exterior e a tecnoloxía, isto xunto coa curiosidade inherente en min, o desexo de aprender e o entusiasmo leváronme a estudar Enxeñería que non só me proporciona habilidades no campo tecnolóxico, senón tamén cara ao desenvolvemento de novos sistemas e ferramentas que poidan chegar a mellorar a vida da xente. Sempre tiven interese pola Ciencia; a Tecnoloxía , as Matemáticas, a Física e o Debuxo Técnico sempre foron os meus puntos fortes en comparación con outras materias. -Que foi o que máis te animou a elexir a túa profesión? -Antes de entrar na universidade tiña en mente ser ciruxana ou adicarme ao mundo aeroespacial, aínda que este último sempre tirou máis de min, a verdade. Pero foi no 2012 cando lin no xornal que o Grupo Aeroespacial pertencente á Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo ía lanzar o primeiro Cubesat (nome para denominar un nanosatélite) español chamado Xatcobeo e alí decidín que me quería dedicar ao mundo aeroespacial e tiña a posibilidade de facelo no meu lugar de nacemento, en Vigo. Finalmente, hoxe, teño a sorte e a oportunidade de traballar con esa xente que anos atrás vin no xornal e me serviron de inspiración. -Como muller, atopaches algunha complicación ou traba nos estudos, na busca de emprego ou no ámbito laboral? -Non, nese sentido afortunadamente cada día, rómpense máis barreiras en canto á inclusión da muller no campo tecnolóxico e da enxeñería. En terceiro de grao, tiven a oportunidade de formar parte do Grupo Aeroespacial da Universidade de Vigo e alí continuei ata o que hoxe é hoxe Space Alén, unha spin off da Universidade de Vigo. En xaneiro deste ano, vin a Oberpfaffenhofen (Alemaña) para facer a miña tese de máster no Centro Aeroespacial Aleman (DLR) no campo das comunicacións espaciais ópticas durante os próximos 6 meses. -Que persoas foron ou son referentes para ti? -Sempre sentín admiración por Pedro Duque, aínda que agora é coñecido por ser ministro do goberno de España, é o primeiro astronauta español en realizar misións na Estación Espacial Internacional (ISS) para a Axencia Espacial Europea (ESA). (Desexo algún día chegar a ser ser un astronauta coma el ... jejeje). Outra persoa de referencia para min é Begoña Vila, é astrofísica na NASA e tamén é de Vigo, fixo importantes investigacións no estudo de galaxias e como enxeñeira de sistemas, para o telescopio espacial James Webb. -A que muller STEAM propoñerías para que fora incluída neste proxecto? -Begoña Vila. É de Vigo, é astrofísica na NASA. Ela sería unha persoa moi interesante para engadir ao voso proxecto. -Cal ou cales consideras os teus maiores logros? -Cos meus 23 anos participei en dúas campañas por satélite e actualmente estou nun dos mellores centros de investigación aeroespacial de Europa, iso xa é un gran logro, hai anos sería impensable para min. O 27 de decembro de 2018 lanzouse, LUME-I, un nanosatélite desenvolvido polo Grupo Aeroespacial da Universidade de Vigo no marco dun proxecto europeo chamado FireRS, en colaboración coa Universidade de Porto e o Centro Nacional de Investigación Científica de Francia para monitorizar ós incendios forestais. Neste proxecto, tiven a oportunidade de formar parte do proceso de integración do satélite. Ademáis, con outros compañeiros de clase desenvolvemos un proxecto tecnolóxico para o detección, prevención e seguemento de incendios forestais denominado FireBack co que Gañamos o premio Think Big Telefónica en HackForGood. Con este proxecto, o ano pasado Puidemos dar unha charla en T3chFest, o evento tecnolóxico organizado pola Universidade Carlos III de Madrid como exemplo dun sistema tecnolóxico emerxente. -Que consello darías ao alumnado que lle interese adicarse nun futuro ao ámbito das tecnoloxías? -Actualmente, vivimos nun mundo moi competitivo no ámbito laboral e tecnolóxico, polo que ter unha boa formación académica é fundamental pois, sen dúbida, é a que chega a marcar a diferenza entre as distintas persoas, isto xunto con habilidades profesionais e persoas intrínsecas a cada persoa. Non obstante, non hai nada máis agradable e placenteiro que ir ao teu lugar de traballo feliz, e orgullosa do que estás a desenvolver e da túa contribución á sociedade, polo que sempre debes estudar e exercer a profesión que máis che guste e conveña, independentemente do campo de estudo. -Que estás facendo actualmente no ámbito laboral? -En Alén Space traballo como enxeñeira de sistemas espaciais no desenvolvemento de novas plataformas satélites, este traballo combínoo cos meus estudos do Máster en Enxeñaría Telecomunicacións. Actualmente estou a facer a miña TFM (tese de máster) no Centro Aerospace Alemán (DLR) sobre comunicacións espaciais ópticas, nun proxecto para desenvolver un sistema óptico de comunicacións coa Estación Espacial Internacional. O meu traballo aquí está a nivel de sistemas FPGA en electrónica dixital. Bibliografía
  • Linkedin de Carmen Misa.
  • "FireBack: sistema de prevención, detección y monitorización de incendios forestales". Web t3chfest. 15/03/2019
  • "Corazón de investigadora". Mujeres con ciencia. 19/12/2018
  • Enlaces externos
  • Carmen Misa. Corazón de investigadora en YouTube.
  • FireBack: sistema de prevención, detección e monitorización de incendios forestais
  • Alén Space. Video de presentación.
  • CINAE "Centro Gallego de Innovación Aerospacial",
  • ESA "European Space Agency".
  • Palabras clave: FireBack, Universidade de Vigo, enxeñaría de telecomunicacións, wisibilízalas, mulleres STEAM