Elena Vázquez Cendón

Coñece a Elena Vázquez Cendón, decana de Matemáticas na USC, pola súa labor de estimulación do talento Matemático entre mozas e mozos a través do programa ESTALMAT (Estímulo de Talento Matemático) e a activa defensa da igualdade na ciencia. Primeiros anos e formación Elena naceu en Ourense no ano 1966. Estudou secundaria no IES As Lagoas (Ourense), onde dubidou entre estudar Física e Matemáticas, ata decantarse finalmente polas Matemáticas, guiada polos seus profesores. Licenciouse en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e posteriormente doutorouse en Ciencia Matemática. Vida profesional É profesora titular da USC desde 1997. Foi vicerrectora de estudantes e relacións institucionais da USC entre o 2002 e 2006. Coordinadora xeral da USC do Máster en matemática industrial da USC, UDC, UVigo, UC3M e UPM. Forma parte do grupo de investigación en enxeñería matemática da USC. É investigadora adscrita do Instituto Tecnolóxico en Matemática Industrial (ITMATI) e membro do Instituto de Matemáticas da USC (IMAT). A temática das súas investigacións ten diferentes ámbitos de aplicación: problemas relativos ás ecuacións das augas someras, ás ecuacións de Navier-Stokes, ás ecuacións de Euler con gravidade e ás ecuacións que modelan o fluxo de sangue en arterias e venas. Logros e proxectos A nivel de investigación presenta tres sexenios de investigación recoñecidos e 28 artigos científicos publicados en revistas do JCR. É editora de 3 monografías e autora de 2 libros entre os que destaca "Introdución al método de volúmenes finitos" Liderou 3 proxectos de investigación, 2 contratos con institucións e empresas e participou noutros 11 proxectos e 5 contratos. Desenvolvedora do código Iber, xerado inicialmente para o cálculo das correntes de mareas nas rías galegas e agora aplícase en diferentes rexións do mundo, para prevención de inundacións. Formou parte dos comités científicos e/ou organizadores de 20 actividades de investigación, sendo a coordinadora do Congreso internacional Numerical Methods for Hyperbolic Equations: Theory and Applications. Forma parte da Sociedade Española de Matemática Aplicada dende a súa fundación, e da Asociación Galega de Investigadores da Auga e da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica Divulgación. É coautora do documento "Saídas profesionais dos estudos de matemáticas" presentado en xuño do 2007. Actualmente forma parte da Comisión de Mulleres e Matemáticas da RSME (Real Sociedad Matemática Española). Desde o 2016 forma parte do Consello da Cultura Galega como membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade, entre o 2017-18 como membro da comisión técnica temporal para a celebración do 200 aniversario do inicio da carta xeométrica de Galicia, desde o 2018 como plenario electivo e coordinadora da sección de Ciencia, Natureza e Sociedade. Entrevista -Cando sentiches interese polas Matemáticas?
-Que foi o que máis te animou á adicarte á túa profesión?
-Que che chamou máis á atención das Matemáticas sobre a Física?
-Como muller, atopaches algunha complicación ou traba na búsqueda de emprego ou no mundo laboral?
-Que persoa ou persoas foron ou son referentes para ti?
-Para saber máis sobre o seu libro "Introdución ao método de volúmentes finitos"?
-A que outra muller das STEAM propoñerías para que fora incluída neste proxecto?
-Máis información sobre o proxecto STALMAT-Galicia:
-Para saber máis sobre as revistas JCR:
-Fálanos das súas publicacións
-Algún logro non recoñecido?
-Consellos para as rapazas que queiran facer esta carreira pero non están decididas:
-Hai poucas rapazas agora mesmo nesta carreira?
Bibliografía
  • Web Elena Vázquez Cendón. USC.
  • "Matemática contemporánea por matemáticas contemporáneas, Elena Vázquez Cendón". Real Sociedad Matemática Española 30/11/2018.
  • "María Elena Vázquez Cendón". Executivas de Galicia.
  • "Elena Vázquez Cendón". Mobile Week Coruña.
  • “Que as alumnas de hoxe sexan as investigadoras do futuro”. GCiencia. 08/02/2019.
  • "A profesora Elena Vázquez Cendón, nova decana de Matemáticas da USC". El Correo Gallego. 12/06/2017.
  • Enlaces externos
  • Vídeo do Consello da Cultura Galega.
  • Introdución ao método de volúmenes finitos.
  • Proxecto Estalmat Galicia.
  • Máster en Matemática Industrial.
  • Palabras clave: estalmat, código iber, matemáticas, wisibilízalas, mulleres STEAM