Compañeiras de Science|Tecnology|Engineering|Arts|Mathematics


Sobre o proxecto STEAM MATES é unha páxina creada por alumnado de TIC e Debuxo Técnico de 1º de Bacharelato do IES de Brión para participar na 4ª edición do concurso de Wisibilízalas. Presentamos un grupo de científicas e enxeñeiras galegas ou que traballan en Galicia: Elena Vázquez, Mar Capeáns, Ana María González, Joana Silva, Mabel Loza, María Pardo, María Rilo, Paula Ojea, Mónica Bugallo, Carmen Misa e Soledad Torres, ás que agradecemos a súa participación. Cremos que todas elas merecen un recoñecemento pola calidade do seu traballo, o seu esforzo e a súa valentía. Desexamos romper cos estereotipos de xénero relacionados coas carreiras de ciencia coa intención de dar a coñecer e por en valor o seu traballo. Ademais, mediante o título, as engrenaxes e o seu movemento, pretendemos simbolizar a sororidade entre estas mulleres mesmo traballando en ámbitos moi distintos.
No proceso de traballo destacamos as seguintes fases:
  • Busca de información e xeración de contido das páxinas web
  • Contacto coas mulleres referentes
  • Entrevistas, gravación e edición de vídeo
  • Deseño web: páxinas en html5, CSS
  • Creación de imaxes e animacións para o proxecto: imaxes das mulleres, engrenaxes para fondo, títulos, imaxes e selección de cores