Joana Cristina Silva Magalhães

Coñece a Joana Cristina Silva Magalhãe, doutora en Bioquímica e Bioloxía Molecular, investigadora Postdoctoral no INIBIC, productora e directora da serie televisiva "De mayor quiero ser... científica". Primeiros anos e formación Naceu o 30 de decembro de 1982 en Portugal.
Estudou Bioloxía na Universidade de Aveiro, Portugal (2005), e pasou un curso na Universidade de Gante (Bélxica) co apoio da beca de mobilidade Sócrates-Erasmus.
Outorgáronlle a bolsa europea Marie Curie "Fellowship for Early Stage Training", onde fixo prácticas científicas en tres laboratorios de excelencia (CSIC, España; 3B`s - Universidade de Minho, Portugal e Universidade de Sheffield, Reino Unido), logrando 40 ECTS en cursos de titoría Marie Curie, con tres premios de viaxe para estudantes. Obtivo un doutoramento europeo con distinción Summa Cum laude na Universidade Complutense de Madrid no 2008.
Vida profesional Actualmente é profesora nas materias de "Células Nai e Terapia Celular" e "Auditoria de Empresas Biotecnolóxicas" na Universidade de A Coruña. Investigadora Principal (IP) nos proxectos de comunicación científica financiados pola Fundación Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de España (FECYT), "Biomedicina con y para la Sociedad" e "Científicas en Biomedicina-una carrera de fondo" coordinando máis de cincuenta profesionais, co obxetivo principal de sensibilizar ao público no ámbito biomédico, con un especial interese en biomateriais, bioenxeñería e nanomedicina, que xerou dous programas de radio e unha miniserie de TV. Investigadora no grupo de Reumatoloxía do Instituto de Investigacións Biomédica da Coruña (INIBIC), onde busca o uso de novos materiais na medicina rexenerativa e as doenzas reumáticas. Logros e proxectos Desde o 2013 é unha das representantes españolas de CIBER-BBN-YSF en biomateriais, onde participa en diferentes tarefas tales como a organización dunha sesión anual orientada a mozos investigadores na reunión anual CIBER-BBN, a promoción do premio CIBER-BBN-YSF en Biomateriais e a difusión dos eventos, actividades e premios. Colaborou coa organización da 25th Conferencia ESB e a 10a YSF celebrada en Madrid (2013). É membra fundadora do Capítulo Ibérico da Asociación de Antigos Alumnos Marie Curie. A nivel local participa na organización da conferencia de Medicina Rexenerativa (na súa oitava edición) en colaboración coa Universidade de A Coruña, tendo creado unha sesión específica para a promoción de xóvenes investigadores en biomateriais. O seu traballo xerou licencias de produtos no campo da comunicación de contido biomédico. Os proxectos que lidera presentan como obxectivos promover o papel de mulleres de excelencia en ciencia, promover vocacións biomédicas nos estudantes e estimular a participación de xóvenes investigadores en actividades de divulgación científica. Premio Ciencia en Acción, promovidos polo Consello Superior de Investigacións Científicas, na modalidade de traballos de divulgación científica en prensa, radio e televisión, no 2017. Forma parte da entidade AMIT-Galicia asumindo tarefas na equipa directiva como vogal e colaborando en eventos divulgativos como as charlas 11F, e a formación STEM en feminino. Entrevista -Cando comenzou a sentir interese no ámbito da Ciencia? -Sentín interese no ámbito da Ciencia desde pequena. A verdade é que sempre tiven bastante curiosidade por entender o mundo no que vivimos. En idades temperás, interesábanme máis temas relacionados co medio ambiente e a bioloxía mariña (medrei ao lado do mar) e co tempo, funme interesando por temas máis relacionados coa bioloxía humana. -Que aporta á sociedade/entorno o traballo que vostede realiza? -Traballo no ámbito da medicina rexenerativa aplicada á esteoartrite. Un dos nosos obxetivos é profundizar sobre o proceso de formación do cartílago cando está lesionado e así evitar ou retrasar un reemprazo articular (prótesis). Os resultados poden ter un impacto social elevado, mellorando a calidade de vida das persoas con osteoartrite - unha das principais enfermidades crónicas que afecta a poboacións maiores, sobre todo a mulleres - e por outro lado económico, ao reducir costes nos sistemas de atención médica. -En qué momento e que a motivou a formarse e desempeñar a actividade profesional no ámbito científico? -Podería sinalar 3 momentos: Durante o instituto quería adicarme ao ámbito da saúde, ainda que non desde a vertinte asistencial. Apasionábanme as Ciencias Forenses, e imaxínome que tivo algo que ver co personaxe de Dana Scully, na serie de televisión Expediente X, que me motivou a facer o Grao de Bioloxía. O segundo momento foi durante a universidade, cando realicei con éxito as primeiras prácticas no laboratorio, durante o programa Europeo Erasmus no Hospital Universitario de Gante, en Bélxica. Esto motivoume a seguir a carreira investigadora, polo que o terceiro momento foi cando conseguín unha beca Europea Marie Sklodowska Curie para realizar un doutorado internacional. En aqueles momentos non tiña claro unha área concreta á que querería adicarme, polo que a miña beca, que permitía unha formación multidisciplinar - das primeiras en Europa - parecíame ideal. Puden traballar con grupos de investigación en Química, Enxeñería e Bioloxía e aprender toda a fase de producción de biomateriais, desde illar compostos químicos ata realizar probas pre-clínicas (con células). Posteriormente integreime nun grupo de investigación clínica e así pechar o meu ciclo de aprendizaxe no que adoitamos chamar "desde la poyata a la cama del hospital" (do inglés, from bench to bedside). -Está traballando nalgún outro proxecto de divulgación das mulleres na ciencia? Si é así, cal? -Aínda que a miña ocupación principal no día a día é investigar, tamén ocupo unha gran parte do meu tempo á divulgación da ciencia, por unha parte relacionada directamente cos meus resultados e outra para visibilizar as aportacións das mulleres na ciencia. Por esto coordinei un proxecto chamado "Científicas en Biomedicina: una carrera de fondo" no que creamos a serie de televisión "De mayor quiero ser científica", co obxetivo de amosar como diferentes perfís prefesionais científicos (Matemática, Enxeñería Robótica, Enxeñería de Texidos, etc.) poden contribuir para a saúde dos pacientes a través de referentes femeninos en áreas STEAM. Actualmente colaboro co programa en Radio Galega - Efervesciencia, no que levo a sección "Mulleres e Ciencias". -Como muller, atopou algunha complicación ou traba nos estudos, na búsqueda de traballo ou no mundo laboral? -Sí. Xa me atopei con diferentes situacións discriminatorias, na universidade ou en entrevistas de traballo, como tamén coñezo casos de compañeiras ou mismo compañeiros da comunidade LGTBI que sufriron discriminación. -No seu ámbito profesional, qué porcentaxe hai aproximadamente de mulleres? Cree que existe unha brecha dixital de xénero? -No meu ámbito profesional (investigación biomédica) a porcentaxe de mulleres é elevada, sexa durante etapas de formación máis temperás como na fase postdoutoural. Sen embargo, cando observamos os postos máis elevados, hai unha infrarrepresentación de mulleres, polo que existe unha segregación vertical, que se o viramos en unha representación gráfica, obteríamos o chamado "gráfico de tesoiras". Un dos motivos pode ser atribuido á insuficiencia de medidas de apoio á conciliación familiar. -Qué nos diría ao alumnado que estamos a punto de decidir a nosa formación futura, sobre o ámbito STEAM ao que vostede pertence? -Como mencionei antes, o ámbito ao que pertenzo é altamente multidisciplinar, polo que o equipo de investigación gaña, ao mesmo tempo que se enriquece a visión dos problemas que pretendemos resolver, coa diversidade dos perfís que o integran. Fai anos por exemplo a informática nos hospitales era residual e hoxe en día, a bioinformática é un dos perfís máis buscados. Gustaríame tamen compartir unha reflexión sobre o libro de Susan Hockfield (Presidenta emérita do MIT nos EEUU) chamado "La era de las máquinas vivientes", no que dixo que "A promesa para a paz motivará os próximos grandes descubrimentos científicos". Se pensamos nos grandes retos do noso presente/futuro relacionados co cambio climático, enfermedades sen diagnóstico/cura, falta de auga potable, etc., rápidamente dámonos conta que a ciencia, sobretodo a biotecnolóxica, vai a xogar un papel crucial. Hai algo que motive máis en seguir unha área concreta que o poder participar de forma activa en buscar solucións para a vida sostible do planeta? - A qué outra muller das STEAM propoñería como referente? -Unha das mulleres STEAM que propoñería como referente sería María Vallet Regí. De feito no proxecto que mencionei antes, unha das tarefas que realizamos foi crear un perfil en Wikipedia. Ben como a compañeira Eva Poveda López. Podería tamen recomendar Vanessa Valdiglesias ou Susana Ladra, ambas da Universidade de A Coruña. Bibliografía
  • Joana Magalhães Grupo de Investigación de Reumatología.
  • CV Joana Silva Magalhaes. The European Society for Biomaterials.
  • Joana Silva Magalhaes. C.F. Atlántico.
  • "Biomedicina con y para la sociedad". Ciber-bbn.
  • JOANA SILVA MAGALHAES. AECC.
  • "Joana Magalhães avoga por unha ciencia en igualdade e conectada á sociedade". GCiencia. 14/02/2020.
  • Enlaces externos
  • Vídeo "De mayor quiero ser científica"
  • Miniserie de TV “De mayor quiero ser... científica”
  • Centro de Investigacións Científicas Avanzadas
  • Ciber-bbn
  • Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia
  • Palabras clave: bioloxía molecular, bioquímica, inibic, muller steam, wisibilízalas