María Isabel Loza García

Coñece a María Isabel (Mabel) Loza García por ser unha influinte muller no ámbito da Farmacoloxía destacando o seu traballo no campo do descubrimento temperá de fármacos, líderandoo a nivel español e europeo e galardoada polo Premio Mª Josefa Wornerburguer Planells 2019. Primeiros anos e formación Naceu en Tapia de Casariego no 1961.
Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Posteriormente trasladouse á Universidade de Oviedo e doutorouse en Farmacoloxía no 1987, coa tese lida na USC titulada "Comparación experimental de algunos efectos deseables e indeseables de la dipirona sódica y la dipirona magnésica".
Realizou varias estancias nos Departamentos de Fisioloxía, Biofísica e Anestesioloxía do Centro Médico Monte Sinaí de Nova York, durante o período de 1992 a 1994.
Vida profesional O seu percorrido profesional na USC comeza como axudante LRU, e continúa como profesora titular interina, profesora titular ata acadar a Cátedra no 2011.
Coordina o grupo de investigación BioFarma, actualmente ubicado no CIMUS, na USC. Dirixiu 22 teses de doutoramento e participa en 100 proxectos de investigación de posgrao. Tamén é revisora ​​de varias revistas nas áreas de farmacoloxía, química, médica e descubrimento de novos fármacos. Autora de 161 artigos publicados en revistas e arredor de 200 comunicacións a congresos sobre farmacoloxía, química medicinal e neurociencias.
É patroa fundadora e codirectora científica da Fundación Kærtor, unha iniciativa galega de alcance global, pioneira en innovación aberta e codesenvolvemento público-privado no descubrimento de fármacos. Dá continuidade aos resultados do proxecto Innopharma da USC, xunto co profesor Ángel Carracedo, especialista en medicina xenómica.
Como emprendedora participou na creación de tres compañías (Pharmatools Digital Interactive Services, AllelyusyOncostellae), creou a plataforma de screening de fármacos USEF, y lidera a Rede Galega de I+D de Medicamentos.
Participou no descubrimento de 11 candidatos a fármacos que chegaron a ensaios clínicos en doentes, dentro de programas de transferencia de I+D+i coa industria farmacéutica.
Nos últimos anos o seu labor especializouse no desenvolvemento de proxectos de colaboración entre a Universidade de Santiago e a industria farmacéutica, para a elaboración de fármacos innovadores.
Logros e proxectos Foi galardoada co Premio Investigadora Innovadora 2018 outorgado polo Foro de Empresas Innovadoras. Catedrática de Farmacoloxía da Universidade de Santiago, dende o 2011. Académica de número na Real Academia de Farmacia de Galicia desde o 2013. Seleccionada por a EFPIA (European Federation of Pharmaceutical Industries and Associations) entre os “30 scientists from 30 countries in Europe” na iniciativa Portraits of Science-Scientists of Tomorrow no 2018. Premio María Josefa Wonenburguer, no 2019. Incluida no programa internacionalLOréal-Unesco "For Women in Sciece" no libro titulado “Nosotras, biocientíficas españolas” Bibliografía
  • Web persoal de Mabel Loza.
  • Currículum de Mabel Loza.
  • "Unha ducia de mulleres científicas galegas". Praza.
  • Mabel Loza. Mulleres en Galicia.
  • Mabel Loza. Cimus
  • Mabel Loza. Corazón de investigadora.
  • Enlaces externos
  • Fundacion Kaertor.
  • Descubrimento e deso de menvolvemento de medicamentos. Cancerquest.
  • BioFarma.
  • Premio María josefa Wonenburger Planells.
  • Efpia.
  • Palabras clave: farmacoloxía, biofarma, premio Mª Josefa Wornerburguer, wisibilízalas, muller STEAM