Mar Capeáns Garrido

Coñece a Mar Capeáns Garrido porque desenvolveu a súa carreira profesional no CERN, e foi a primeira muller española na dirección científica permanente do CERN. Primeiros anos e formación Mar Capeáns Garrido naceu en Santiago de Compostela fai 53 años. Na súa familia son catro irmáns; dúas mulleres vinculadas á ciencia e os homes, periodistas. En 1991 licenciouse en Física na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e despois realizou un Máster in Business Administration (MBA). Uns meses despois chegou á Organización Europea de Investigación Nuclear (CERN) gracias a un programa para estudantes chamado Technical Student Programme. O programa, a día de hoxe aínda existe, e ten como finalidade formar a mozos e mozas na física e enxeñería nun ambiente multidisciplinario e multicultural á vangarda da tecnoloxía e da física. De feito, cando ela chegou ao CERN, empezou a traballar o desenvolvemento de detectores de partículas no grupo de Georges Charpak, o cal recibiu o premio Nobel da Física ese mesmo ano. Todo iso ocorriu á vez que realizou a tese doutoral e a defendeu en 1995 na USC. Vida profesional A partir do 1995 desencadeou unha serie de contratos como investigadora no CERN. Tres anos máis tarde, no 1998, decidiu marchar a DESY (Hamburgo, Alemania) para participar nun experimento que, a escala menor, aseméllase tecnolóxicamente aos experimentos que se realizan actualmente no CERN. No ano 2000 regresou ao CERN para formar parte da plantilla de investigadores e uniuse ao experimento ATLAS, o maior dos catro grandes detectores que rexistrarán as colisións do gran Colisionador de Hadrones chamado Large Hadron Collider (LHC). Ademáis, como investigadora no CERN, participou en varias fases do proxecto HC polo que o seu traballo foi cambiando a medida que pasaba o tempo. De feito estivo involucrada en tarefas de I+D para definir e construir os detectores de partículas máis adecuados ás condicións do LHC, xunto coa súa participación na fase de tests e na instalación dos detectores na caverna experimental, o que require un esixente traballo de planificación e coordinación, posto que os experimentos da CERN realízanse en colaboración con grupos de científicos de todo o mundo, que contribúen en distintos aspectos dos experimentos. Ela ten como lema do seu éxito: "Creo que o que máis me influíu no meu éxito profesional é o poder traballar en algo que me gusta. Unha vez rematada a Universidade, a sorte pode ser importante para atopar a profesión concreta e o lugar de traballo adecuados. De feito tiven a sorte de empezar a traballar con un premio Nobel, nun laboratorio internacional, e iso achegoume profesionalmente." Despois en xeral "A miña traxectoria profesional está ligada a grandes laboratorios de física internacionais adicados a ciencia básica, polo que sempre estiven involucrada en proxectos de tecnoloxía punteira, pero sin prestar demasiada atención a aplicación inmediata dos desenvolvementos técnicos para outros fins que os propios da física de partículas. Tiña esa asignatura pendente, así como a de entender o mundo dos negocios, porque sempre me interesaron as empresas da tecnoloxía. Por iso en 2006 realicei un Master in Business Administration (MBA) en xestión de proxectos tecnolóxicos e funme acercando a ese mundo desde un punto de vista máis completo que o puramente técnico. Creo que esta faceta é moi útil, incluso no día a día da CERN." Logros e proxectos Traballar na CERN como investigadora e ser a primeira muller española na dirección científica permanente do CERN. Unirse ao experimento do ATLAS chamado Large Hadron Collider (LHC). Participar en varias fases do proxecto HC. Publicar máis de 450 artículos científicos no campo de la Física de Altas Enerxías e a instrumentación. Editora da revista Journal of Instrumentation (JINST) e asesora en Consellos Científicos, na avaliación de financiación competitiva de programas de Física de partículas internacionalmente e para programas da Comisión Europea. Participación na fase de tests e na instalación dos detectores na caverna experimental. Bibliografía
  • "Mar Capeáns, Física e investigadora do CERN." Qestudio.com
  • "En casa las chicas salimos de ciencias y ellos de letras". La Opinión. A Coruña. 29/10/2008
  • "Un ejemplo gallego de mujer líder en ciencia y tecnología" El Correo Gallego. 14/10/2019
  • La española que manda en el mundo de hombres del CERN:"La ciencia no discrimina, la sociedad sí" El Español. 22/05/2018
  • Mar Capeáns: “Hai moitas oportunidades para traballar no CERN; hai que intentalo”. GCiencia. 25/11/2017
  • Mar Capeáns "Nunca tuve miedo a marcharme, sí a volver". La Vanguardia. 31/03/2014
  • "Inocular el bendito veneno de la ciencia". El Correo Gallego. 10/04/2010
  • Mar Capeáns. Fundación Gadea Ciencia
  • Enlaces externos
  • Presentación de Mar Capeáns Garrido
  • Conferencia de Mar Capeáns: O CERN: Ciencia, Tecnoloxía e Innovación
  • "Acercándonos al LHC"
  • ATLAS
  • Palabras clave: CERN, Gran Colisionador de Hadrones, física, wisibilízalas, mulleres STEAM