María Pardo Pérez

Coñece a María Pardo Pérez, investigadora científica e líder do Grupo Obesidómica no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Primeiros anos e formación María naceu en Vigo e dende sempre estudou no ensino público do cal é unha firme defensora. Nos primeiros anos quería ser profesora, xa que os seus pais son docentes, pero finalmente, decide estudar Bioloxía, motivada por unha profesora que impartía esta materia e que foi un importante referente para ela. Realizou a súa tese doutoral no Departamento de Fisioloxía na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC), sobre os mecanismos moleculares implicados no desenvolvemento do melanoma uveal maligno humano (1998-2003). Posteriormente trasladouse ao departamento de Bioquímica da Universidade de Oxford para realizar unha estancia post-doutoral onde se especializou en técnicas proteómicas aplicadas á investigación clínica (2003-2006). Vida profesional No 2006, volve a Galicia cun contrato de captación de talento da Xunta de Galicia (Programa Isidro Parga Pondal) no Departamento de Medicina da USC para establecer un grupo de investigación, Obesidómica. No ano 2009 consegue un contrato de investigadora do Sistema Nacional de Saúde dentro da convocatoria competitiva do Programa Miguel Servet (ISCIII, Ministerio de Ciencia e Innovación); dende entón, é investigadora e líder de grupo no IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago/SERGAS, situado no Hospital Clínico Universitario de Santiago. As temáticas de investigación dos seus proxectos profesionais son:
  • Identificación de biomarcadores pronóstico non invasivos para o melanoma uveal maligno humán.
  • Estudo do papel da Fndc5/ irisin como nova mioquina/adipoquina diana para o tratamento da obesidade e a diabete tipo 2.
  • Estudo do papel das vesículas extracelulares liberadas polo tecido adiposo humano na obesidade.
  • Papel funcional e aplicación a clínica de biomarcadores exosomales liberados polo tecido adiposo ao estudo e monitorización da obesidade.
  • Realiza unha importante labor de divulgación científica, participando en charlas en diversos contextos como Naukas, día Internacional da nena e muller na Ciencia e charlas de mulleres científicas. Logros e proxectos É autora de 50 publicacións, dirixiu 5 teses doutorais, leva liderando 4 proxectos de investigación do Plan Nacional e 2 de entidades privadas, ademais de ter participado nunha Guía de Práctica Clínica e é coautora da patente de invención "Diagnnosing or prognnosticating the risk of metastasis in a human subject that has been diagnosed with uveal melanoma". A nivel de responsabilidades é patrona da Fundación IDIS, pertence ao Comité Consultivo externo da Facultade de bioloxía da USC, coordina a Rede Galega de Investigación en Vesículas Extracelulares, e membro da Rede Nacional Traslacional para a aplicación á clínica de vesículas extracelulares (TeNTaCLES), e do Grupo de Investigación Endocrinoloxía Molecular do CIBER de Fisiopatología da Obesidade e Nutrición (ISCIII), avaliadora da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP), de axencias de investigación internacionais (Goberno de Irlanda, Institut National du Cancer-Francia, Programa Zenith (Holanda), e revisora habitual de numerosas revistas do seu campo de investigación como Clinical Endocrinology, International Journal of Molecular Science, American physiological Society, International Journal of Endocrinology, etc. Entrevista -Importaríache compartir algo sobre a tua vida persoal?
    -Aficións que teñas fora do traballo.
    -Gustaríanos saber tamén se traballaches nalgún proxecto ou colaboración relacionado coa divulgación da ciencia e da muller na ciencia, e en que consiste.
    -Sempre che interesou este ámbito de traballo ou ao principio non o tiñas claro?
    -Seguirás adicándote a esto nun futuro?
    -Poderíasnos explicar que aporta o mundo da investigación no teu ámbito á sociedade?
    -Tes algún logro, premio ou recoñecemento do que estés especialmente orgullosa e queiras compartir con nós?
    -Poderíanos contar como é un día no teu traballo?
    -Poderíasnos explicar en qué consiste o Grupo Obesidómicas?
    -Que recomendarías ao alumnado interesado no ámbito científico antes de tomar unha decisión nos seus estudos?
    Bibliografía
  • Perfil de María Pardo Pérez. Researchgate.
  • "Charla de María Pardo Pérez: No todas las grasas son iguales" Ciclo temático "Todo es Ciencia" Concello de A Coruña.
  • "Científicas a las que se les pregunta si van a tener hijos antes de contratarlas" Encuentro de mujeres científicas. El progreso. 12/12/2019.
  • "Isosomas liberados polo tecido adiposo" Sociedade española para o estudo da Obesidade. YouTube. 10/1/2019
  • "Pode a miña alimentación modificar os meus xenes" Sociedade española para o estudo da Obesidade. YouTube. Marzo 2018
  • Enlaces externos
  • "Hombres y mujeres científicas apoyan la reinvindicación de María de la Fuente que ha emprendido una campaña para denunciar que fue penalizada por ser madre" La voz de Galicia. 06/03/2018
  • Grupo Obesidómica. IDIS
  • IDIS Instituto de Investigación Sanitaria. Santiago de Compostela
  • Departamento de Bioquímica da Universidade de Oxford
  • Patente de invención de María Pardo
  • Palabras clave: Bioloxía, IDIS, obesidómica, wisibilízalas, mulleres STEAM