María Rilo Castro

Coñece a María Rilo Castro, unha xoven enxeñeira mecánica que traballa para a multinacional de automoción BorgWarner. Ademais é mentora no proxecto de Inspira STEAM. Primeiros anos e formación Nos primeiros anos gustábanlle as Matemáticas, pero ao avanzar nos estudos foi inclinándose cara a outras Ciencias. Estudou o Grao en Enxeñería Mecánica na Universidade de Vigo entre 2010 e 2014. Na mesma universidade acadou o Máster en Enxeñería Industrial. En idiomas obtivo o certificado In Advance English por Cambrige. Fala catro idiomas: galego, español, francés e inglés. Español e galego como nativa e inglés con competencia profesional completa. Gústanlle os animais, a pintura e as viaxes. Vida profesional Actualmente traballa na multinacional de automoción BorgWarner como Enxeñeira de Fiabilidade e Ensaios. Unha parte do seu traballo consiste en planificar e executar probas (ensaios) sobre compoñentes para os vehículos de combustión (diésel e gasolina) e actualmente para vehículos híbridos e eléctricos. Algunhas vantaxes do seu traballo son o desenvolvemento da capacidade técnica, traballar en equipo e a posibilidade de medrar profesionalmente e aprender continuamente con retos novos. Actualmente atópase en Irlanda para dar soporte ao equipo de R&T (Reliability and Testing - Fiabilidade e Ensaios) na validación dos Heaters. Logros e proxectos No 2007 recibiu un diploma especial no IES Rosalía de Castro. En canto a proxectos, a nivel de investigación realizou un estudo de CFD e desenvolvemento dunha metodoloxía para cuantificar o reparto do fluxo oronasal nas vías aéreas durante un ciclo respiratorio a nivel de actividade física. Ademais dunha análise aerodinámica mediante CFD do efecto difusor do vehículo. O seu actual proxecto profesional consiste na definición e na execución do plan de ensaios dun compoñente do vehículo, o HV (High Voltage) Air Heater. Participa no proxecto inspira STEAM como mentora xa que pensa que ser unha enxeñeira ten moitas saídas profesionais desde a parte máis técnica, a de desenvolvemento, investigación, xestión de equipos humanos e tamén de recursos materiais. Entrevista -Cando sentiches interese pola Ciencia? -O interese pola ciencia foi algo que foi crecendo pouco a pouco. De pequena atraíanme as artes e as matemáticas, pero co tempo fun inclinándome máis polas ciencias. -Que persoas foron ou son os teus referentes? -Creo que non podería sinalar un referente, familiares, mestres, compañeiros de profesión... toda a xente que mostra adicación, esforzo e humildade poderían ser os referentes perfectos. -Foi a túa primeira opción estudar enxeñeria mecánica industrial? E que foi o que máis te animou para adicarte á túa profesión? -Cando estaba no bacharelato dúbidaba entre moitas opcións e moi diversas todas elas (Matemáticas, Física, Deseño Industrial, Arquitectura,...). Despois de revisar os plans de estudos das distintas carreiras, atopei o de Enxeñería Mecánica e pareceume a mellor opción. Tiña todas as materias que me atraían, e saídas profesionais nas que me podía inclinar máis pola parte teórica, pola parte de produto ou pola de deseño. -Como convencerías á xente que non está interesada nas STEAM de que estas poden ser unha boa opción? -As STEAM engloban moitos campos distintos, con diversas saídas profesionais. O importante é indagar que campo das STEAM podería interesarche. -Como muller, atopaches algunha complicación ou traba nos estudos, na busca de emprego ou no mundo laboral? -Non, non sufrín ningún tipo de discriminación por ser muller. É certo, que tanto na universidade coma no traballo ás veces escoitas algún comentario pouco afortunado pero nunca foron unha traba para o meu desenvolvemento. -Como describirías o teu traballo á xente non especializada coma nós? -O meu traballo céntrase en planificar e executar probas (ensaios) sobre compoñentes para os vehículos de combustión (diésel e gasolina) e actualmente para vehículos híbridos e eléctricos. Estas probas realízanse durante a fase de desenvolvemento do vehículo, para garantir o seu correcto funcionamento unha vez que entran en producción. -E relacionado con isto, cales son as vantaxes e inconvenientes do teu traballo? -As principais vantaxes son que me permite desenvolver a miña capacidade técnica, traballar en equipo e a posibilidade de crecer profesionalmente. Teño a sorte de que todos os días teño algún reto novo, e sempre estamos aprendendo. Por exemplo, actualmente ofrecéronme a oportunidade de traballar co equipo Irlandés durante 6 meses. A principal desvantaxe quizáis é a presión coa que traballamos. Os prazos de execución dos traballos que temos son moi xustos, pero ao final aprendes a traballar nestes ambientes. -Poderíanos comentar brevemente cal é o motivo da túa viaxe a Tralee (Irlanda)? -O meu traballo en Irlanda céntrase en dar soporte ao equipo de R&T (Reliability and Testing - Fiabilidade e Ensaios) na validación dos Heaters. Un exemplo dos heaters cos que traballamos podedes atopalo na seguinte ligazón. A validación do HV (High Voltage) Air Heater. -Agora mesmo, cales son os proxectos nos que estás involucrada? -A validación consiste na definición e na execución do plan de ensaios para este compoñente, para o que necesitas estar en contacto continuo co cliente e co proveedor. Desta forma, existe tanto unha parte técnica como unha parte de xestión dos recursos. -Cal é a túa meta ou soño profesional que che gustaría acadar? -Actualmente non estou centrada en acadar unha meta profesional, prefiro ir con obxectivos a máis curto prazo. Agora estou intentando aproveitar todo o que sexa posible da experiencia en Irlanda, e despois a seguir medrando profesionalmente dende Vigo. -No teu ámbito profesional, que porcentaxe de mulleres hai aproximandamente? cres que existe unha fenda de xénero? -Actualmente, no equipo co que estou traballando son a única muller enxeñeira dun grupo de 5. No ámbito no que traballo a porcenaxe de mulleres normalmente é inferior ao 33%. Si, creo que existe unha fenda entre xénero. Persoalmente opino que a sociedade na que vivimos é a que nos condiciona, e aínda temos moitos pasos que dar para conseguir que sexa igualitaria. -Cal cres que é o motivo da baixa porcentaxe de mulleres nas STEAM? -Por unha parte creo que se debe ao descoñemento que existe sobre as carreiras máis técnicas como poden ser as STEAM. Todos temos unha visión xeral por exemplo de a que se adica un enfermeiro, pero cando pensamos nunha enxeñeira non é tan sinxelo saber en qué está traballando. Creo que sería necesario promover actividades dende os institutos para coñecer as distintas saídas profesionais relacionadas tanto coa formación profesional como coa universitaria. Por outra parte, creo que aínda existe a fenda de xénero e continúase a asociar distintas profesións en función do xénero. -Que lle dirías ao alumnado, e máis concretamente ás rapazas, que están a piques de decidir a formación futura sobre o ámbito STEAM ao que pertences? -Creo que o máis importante é buscar a formación coa que te sintas máis identificada, e se está dentro das STEAM perfecto! Ser unha enxeñeira ten moitas saídas profesionais. Podes traballar na parte máis técnica, hai unha parte moi importante de desenvolvemento e investigación, xestión de equipos humanos e tamén de recursos materiais. De todos estos campos o sector da automoción no que eu traballo é so unha pequena parte. En Galicia temos a sorte de ter unha Escola de Enxeñería con moitos graos distintos, na que nos últimos anos se engadiron os Graos en Enxeñería Aeronáutica e Biomédica. Achegarse ata as escolas de enxeñería creo que podería ser unha moi boa opción, e tamén contactar coas persoas recén graduadas ou cos profesionais com maior experiencia para coñecer as súas profesións. -Que muller STEAM actual consideras un referente? -Irenka Gallo, Melissa Meixus, Clara Díaz e Ana Otero Bibliografía
  • Perfil de María Rilo Castro en Linkedin
  • Perfil de María Rilo Castro en InspiraSTEAM
  • Enlaces externos
  • InspiraSTEAM
  • "Toca regreso a las aulas" El Correo Gallego, 20/09/2007
  • Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA)
  • Mecánica de fluidos computacional. Wikipedia
  • "BorgWarner High Voltage Air Heater" BorgWarner Corporate 08/09/2017
  • Palabras clave: inspira STEAM, enxeñería industrial, enxeñeira de fiabilidade e ensaio, wisibilízalas, mulleres STEAM