Mónica Fernández Bugallo

Coñece a Mónica Fernández Bugallo, profesora de Comunicación Dixital e Procesamento de Sinal na Universidade de Stony Brook, Nova York, directora do programa Mulleres na Ciencia e a Enxeñería e Premio Ada Byron no 2019. Primeiros anos e formación Naceu en Ferrol en 1975. Estudou Enxeñería Informática e entre o 1998 a 2000 traballou no Departamento de Electrónica e Sistemas da Universidade de A Coruña (UDC), no que desenvolveu un traballo de investigación sobre a cancelación da interferencia aplicada aos sistemas de comunicación multiusos. Obtivo o doutoramento en Informática na UDC no 2001. Vida profesional

No ano 2002 entrou no Departamento de Enxeñaría Eléctrica e Informática da Universidade de Stony Brook, en Nova York. O seu traballo de investigación está sobretodo centrado na área de procesamento estatístico de sinal, aplicada a problemas complexos existentes en disciplinas moi variadas, desde predición de sistemas canceríxenos ata a análise da evolución das poboacións de pingüíns na Antártida.

Actualmente é vicepresidenta do comité de teoría e métodos de procesamento de sinais do IEEE (Instituto Español de Estudios Estratéxicos) e do equipo de área especial EURASIP (European Association for Signal Processing - Asociación Europea para o Procesamento de Sinal) sobre tendencias teóricas metodolóxicas en sinal.

Na actualidade segue traballando na Universidade de Stony Brook como profesora de Comunicación Dixital e Procesamento de Sinal no mesmo departamento no que se iniciou en 2002.

Dende 2016 é directora do programa "Mulleres na Ciencia e a Enxeñaría" (WISE- Women in Science & Engineering). Este programa, creado en 1993, pretende aumentar a presenza das mulleres nas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) e foi elevado á categoría de Programa de Honra. O programa cúrsano estudantes universitarias de titulacións STEM e de secundaria vivindo experiencias STEM.

Logros e proxectos Premio á mellor estudante e mellor doutorado da UDC (2001). Premio Best Paper no IEEE Signal Processing Magazine como coautora do traballo titulado "Filtro de partículas" en 2007. IEEE Outstanding Young Engineer Award para o desenvolvemento e aplicación de métodos computacionais para o procesamento secuencial de sinais (2009) IEEE Athanasios Papoulis Award para a divulgación educativa innovadora, que inspirou aos estudantes do ensino medio e ás mulleres universitarias para estudar enxeñaría (2011) Premio Chancellor´s Excellence in Teaching da Universidade Estatal de Nova York (SUNY) en 2017. Premio Ada Byron otorgado polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia en xuño de 2019. É investigadora principal de tres proxectos educativos, entre eles un proxecto de educación, orientación, avance e aprendizaxe en tecnoloxía e enxeñaría, que ofrece un programa de divulgación das enxeñarías para estudantes e profesores de ensino medio. É autora de máis de 175 artigos e relatora de multitude de conferencias en diferentes universidades. Bibliografía
  • "A enxeñeira Mónica Fernández Bugallo recibe o Premio Ada Byron do CPEIG", CPEIG 03/06/2019
  • "A eliminación dos obstáculos para a muller na ciencia pasa por un cambio de mentalidade global, tamén dos homes", Praza 16/06/2019
  • "Mónica Fernández Bugallo", Stony Brook University
  • "Mónica Fernández | “Estaría encantada de poder volver a Galicia para desarrollar mi carrera”, Diario de Ferrol 09/06/2019
  • "El Premio Ada Byron que concede el CPEIG irá a dar a la ingeniera gallega Mónica Fernández Bugallo", faitedixital 04/06/2019
  • "A enxeñeira ferrolá Mónica Fernández Bugallo, Premio Ada Byron", GCiencia 03/03/2019
  • "Mónica Fernández Bugallo, egresada da FIC, premio Ada Byron do CPEIG", FIC 03/06/2019
  • "Mónica Bugallo es directora inaugural de la facultad de WISE"
  • Enlaces externos
  • Mónica na universidade de Stony Brook
  • Mónica na Galipedia
  • Palabras clave: enxeñaría, enxeñeira, informática, galega, wisibilízalas, STEAM