Soledad Torres Guijarro

Coñece a Soledad Torres, profesora e investigadora en Procesado Dixital dos Sinais de Audio e Acústicas na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo e activista na promoción de vocacións científico técnolóxicas femininas en diferentes asociacións. Primeiros anos e formación Soledad Torres Guijarro naceu en Madrid no 1968. Estudou BUP e COU por ciencias puras, no Instituto Beatriz Galindo de Madrid. Estudou Enxeñaría de Telecomunicacións na Universidade Politécnica de Madrid (UPM), rematando no 1992 e especializouse no Tratamento Dixital de Sinais no doutorado en Enxeñería de Telecomunicacións na UPM no 1996. Vida profesional Como investigadora acadou contratos de investigación postdoutoral Parga Pondal (Xunta de Galicia) e Ramón y Cajal (Ministerio de Educación). Desempeñou tarefas docentes e investigadoras na Universidade Carlos III de Madrid, na Universidade de Valladolid e na Universidade Europea de Madrid e investigadora na UPM e no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia. As súas investigacións céntranse no tratamento dixital de sinais de audio e acústicas en xeral, con especialización no ruido submarino, a codificación de voz e audio, e o procesado en array de sinais de audio. Na actualidade traballa como profesora asociada no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo (UV). Logros e proxectos Foi premio extraordinario en secundaria. Participou en 21 proxectos de investigación con financiación pública, 4 de eles europeos, sendo investigadora principal en 3. Participou en máis de 20 contratos de investigación con empresas, 4 de eles como investigadora principal. Coautora de 15 publicacións en revistas internacionais, 1 capítulo de libro, 1 patente, 44 comunicacións a congresos internacionais e 12 a nacionais. Mentora Inspira STEAM Pontevedra e tesoureira en AMIT (Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnológas de Galicia). Participa no libro "Científicas. Una historia, muchas injusticias" escrita por José Manuel Lechado. O libro é unha historia de ciencia en feminino no que científicas contemporáneas activas e valentes falan do que significa ser científica na actualidade e de científicas referentes históricas de primeira liña. Entrevista -Cando e onde naceu? -Madrid, 5 de decembro de 1968. -Cando comezou a sentir interese pola ciencia e a tecnoloxía? -Dende pequena. -Que estudos de secundaria fixo e onde? -BUP e COU por ciencias puras, no Instituto Beatriz Galindo de Madrid. -Que a animou a adicarse á súa profesión? -Gustoume a Enxeñaría porque me gustaban a Física e ás Matemáticas aplicadas á resolución de problemas. Entre eles escollín Telecomunicacións porque tiña boas oportunidades profesionais. -Algúns ou varios logros que podes destacar? -Fun premio extraordinario de secundaria e gañei dous contratos predoutorais: Ramón y Cajal e Parga Pondal. -Que persoas foron ou son referencia para vostede? -Os meus pais. A miña nai traballaba no CSIC e o meu pai que era enxeñeiro de estradas. Aprendín moito cos dous, e da miña nai sigo aprendendo. -Como muller atopou complicacións ou problemas cos estudos, busca de emprego ou no mundo do traballo? -Cando tes fillos, non tes tempo para coidar de todo, pero iso non debería ocorrer só ás mulleres. -Que mulleres das STEAM proporías incluír neste proxecto? Doulles varios nomes porque non sei se xa están ou non: Carmen García Mateo, Edita de Lorenzo Rodríguez, Nieves Rodríguez Brisaboa, Amparo Alonso Betanzos e María José Rodríguez Malmierca. Bibliografía
  • "Currículo de Soledad Torres". UVigo.
  • "Información de Soledad Torres". Inspira STEAM.
  • Enlaces externos
  • Charla Soledad Torres, profesora da EEI do CUVI.
  • Libro "Científicas".
  • "El Ateneo reflexiona sobre la mujer y la ciencia y tecnología". La Voz de Galicia
  • Vídeo Campus do mar.
  • Youtube: "Mulleres na ciencia e na tecnoloxía".
  • Palabras clave: enxeñeira de telecomunicacións, muller e ciencia, muller e tecnoloxía, wisibilízalas, muller STEAM